Sexta-feira, nove e cincuenta da manhá, na cadea soa Mikel Laboa e, nos meus miolos, os pensamentos andan á procura das respostas axeitadas.
O pasado día 3 de Marzo o diario Gara publicaba un artigo de opinión de Mikel Gomez Herria Abian que levaba por título “3 de Marzo, luchar merece la pena”. Dito artigo fai un chamamento á loita obreira. A isa loita silenciosa das trabalhadoras e trabalhadores que non sae nos xornais pero que está aí, no día a día.
Eiquí, na Galiza, debemos toma-las rúas o vindeiro 10 de Marzo. E tomarémo-las convencidas e convencidos de que é unha loita xusta e precisa. Xusta porque a vida e a dignidade están por riba dos intereses capitalistas da oligarquía empresarial que goberna o Estado Espanhol e asobalha á Nación Galega e precisa porque o único que lhes impide avanzar no seu proceso de escravitude é o medo. O medo á revolución social e á solidariedade trabalhadora.
Agardaba a súa quenda e olhaba cara o pequeno letreiro coa dúbida de se debía entrar ou, po-la contra, era milhor liscar do lugar sen que ninguén o vise. Antes de que puidese decidir, o doutor saíu e lhe indicou que entrara na consulta.
O reloxo non durme. Dende hai uns días as súas agulhas arden vendo pasa-lo tempo. A saudade, axudada po-lo inverno, apoderouse d´il e agora sinte como a vida fuxe de vagar.