10 de Marzal: LOITAR PAGA A PENA!

Sexta-feira, nove e cincuenta da manhá, na cadea soa Mikel Laboa e, nos meus miolos, os pensamentos andan á procura das respostas axeitadas.

O pasado día 3 de Marzo o diario Gara publicaba un artigo de opinión de Mikel Gomez Herria Abian que levaba por título “3 de Marzo, luchar merece la pena”. Dito artigo fai un chamamento á loita obreira. A isa loita silenciosa das trabalhadoras e trabalhadores que non sae nos xornais pero que está aí, no día a día.

Eiquí, na Galiza, debemos toma-las rúas o vindeiro 10 de Marzo. E tomarémo-las convencidas e convencidos de que é unha loita xusta e precisa. Xusta porque a vida e a dignidade están por riba dos intereses capitalistas da oligarquía empresarial que goberna o Estado Espanhol e asobalha á Nación Galega e precisa porque o único que lhes impide avanzar no seu proceso de escravitude é o medo. O medo á revolución social e á solidariedade trabalhadora.

10 de marzo do 1972. Ás 7,30 horas os traballadores concéntranse ante Bazán que tiña pechadas as súas portas, polo que ficaron nos cantóns para lle explicar o que pasaba ao pobo de Ferrol e deseguida percorrer as demais fábricas e pedir solidariedade.

A asemblea de traballadores en grupo de 4.000 dirixiu-se entón cara á Ponte das Pías e ao chegaren ao cruce coa estrada de Castela foron detidos por unha compañía da Policía Armada. Dáse un enfrontamento entre os traballadores e a policía durante 10 minutos, no que os traballadores cos seus dirixentes á fronte e ao berro de “a eles” responderon á agresión da policía con pedras e paus sen retrocederen. A policía con porras, pistolas e metralletas provoca o asasinato de Amador Rei e Daniel Niebla e máis corenta feridos de bala. A dignidade e a valentía dos traballadores fixo que non recuasen en ningún momento; só retrocederon os seus verdugos, que montando nos seus buses deron en fuxir.

Ese mesmo día a solidariedade esténdese por toda Galiza. Realízanse paros e manifestacións por toda a nación. Son significativos os paros nas empresas de Vigo: Vulcano, Barreras, Citroën, Freire, Reyman, Santo Domingo, Censa, Yarza, Refrey e Ascón. Convócase folga xeral en Galiza e realízase unha importante manifestación o día 15 na Porta do Sol de Vigo. Fanse paros e mobilizacións na Universidade de Santiago, na Coruña e mostras de solidariedade en Lugo e Ourense.

Os feitos teñen unha transcendencia importante a nivel estatal e unha repercusión sen precedentes na opinión pública internacional que se fai sentir en toda a prensa. Durante 10 días segue en Ferrol unha mobilización xeneralizada que é reprimida duramente polo réxime fascista.

11 de marzo do 1972.Son enterrados Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García. O acto convértese nunha nova mostra de solidariedade da clase obreira ferrolá, vixiada por douscentos gardas civís armados con metralladoras.

· Fonte: Confederación Intersindical Galega

“10 de Marzal: LOITAR PAGA A PENA!”

Por Amador Rei Rodríguez, Daniel Niebla García e Moncho Reboiras!

VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA! VIVA O POVO TRABALHADOR GALEGO!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.